Camerata Arven dará un concerto en Afundación co mellor da historia da ópera
Por Redacción
A Camerata Arven dedicará o cuarto e último recital á Gala lírica: Unha noite na ópera.
Será o xoves 8 de xuño ás 20.30 horas, na Sede Afundación Pontevedra.
No seu último concerto do ciclo "Do silencio á emoción" interpretarase unha selección das obras máis coñecidas do repertorio operístico internacional, incluíndo a algúns dos compositores máis aclamados de todos os tempos, como Mozart, Puccini, Verdi, entre moitos outros.
Este concerto enmárcase en "Cultura por alimentos" lanzado por Afundación, a Obra Social Abanca, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.