9 de xuño, data de entrega dos IV Premios Mil Primaveras no Pazo da Cultura
Por Redacción
O vindeiro venres 9 de xuño, a partir das 19.30 horas, vai desenvolverse no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra o evento de entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras, creados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
Estes galardóns, que naceron en 2019, valoran, recoñecen e difunden aquelas accións, programas e proxectos que fomentan a lingua galega co obxectivo de incrementar o seu uso e prestixio social.
Actuarán Matrioskas cunha proposta de narración e música creada por Marta Ortiz e Sofía Espiñeira. O galardón que se entregará aos premiados consiste nunha peza artística elaborada por Feituras.
Estes premios, que contan coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputación, entregaranse á Asociación Faladoiros Vigo; a Caranvexo TV; Laboratorio de Apoderamento Lingüístico e a Na Utopía.