325 integrantes de doce grupos participarán este venres no 50 aniversario do Día da Muiñeira
Por Redacción
Todo está preparado para que este venres se celebre o medio século de existencia do Día da Muiñeira na avenida Montero Ríos, unha celebración tradicional que organiza a asociación Duos Pontes coa intención de achegar o folclore á cidadanía, a través dun baile tan característico como a muiñeira.
A primeira edición celebrouse en xuño de 1970 e só en tres ocasiones suspendeuse: en 1988 por problemas de financiamento e, recentemente, en 2020 e 2021 debido á pandemia. Durante estes anos converteuse nun acto referente en Pontevedra.
O programa previsto para esta efeméride iniciarase ás 19.30 horas co desfile dos grupos participantes desde a praza do Teucro ata a avenida de Montero Ríos cun desfile que percorrerá o centro histórico partindo de cálea Princesa ata a Michelena.
Doce agrupacións participarán, algunhas procedentes de distintos puntos da provincia como Bueu, Cangas ou Sanxenxo. En total 325 persoas mostrarán os seus bailes nesta edición.
Ás 20.00 horas iniciarase a demostración coa interpretación da Muiñeira Mariñán, interpretada por parte dos gaiteiros de Duos Pontes, para menores de 8 anos; a Muiñeira de Roaza, para participantes de entre 8 e 13 anos e a Muiñeira de Santa Mariña, para maiores de 13. Para finalizar interpretarase unha Xota e un Pasodobre para que todos os participantes e o público en xeral participe do fin de festa do 50 Día da Muiñeira.
As agrupacións participantes neste evento, ademais de Duos Pontes, son a Escola infantil Bamby; o Colexio Los Sauces, a asociación folclórica Recordos da nosa Terra, de Bueu; o grupo Faldriqueiras de Rodeira, de Cangas; a Escola de Muiñeira Celme; a asociación cultural Soalleira, de Dorrón (Sanxenxo); o grupo de danzas Pais de San Roque, de Cangas; Os Trazantes de Tenorio; Veira do Río de Ponte Sampaio; a escola de folclore Arraial; a agrupación Vides Novas, de Poio; e a Asociación Cultural do Traxe Tradicional de Pontevedra.
DUOS PONTES
O Grupo de Coros e Danzas Duos Pontes, organizador desta actividade, creouse en 1942 para difundir a música e o baile tradicional. Esta agrupación realizou xiras por países de América Latina e de Europa, con participación en numeroosos festivais en Portugal; ademais de intervir en certames nacionais e, por suposto, nos principais festivais galegos.
Duos Pontes conta cun arquivo de bailes, músicas e cancións considerable, catalogado e fiel ás formas e modos tradicionais. Tamén dispón dun vestiario do grupo moi variado con copias correspondentes a modelos dos séculos XVIII e XIX. Tamén organiza cada ano as 'Escolas de Tempo Libre' con clases de baile tradicional, pandeireta e canto tradicional; obradoiro de bordado, encaixe de palillos e outras actividades de difusión da cultura galega.
O colectivo, con motivo deste 50 aniversario, tamén organizar unha mostra da historia do Día da Muiñeira na Praza de Ourense, que se manterá durante os días psteriores.
Relacionadas:
-
Celme volve levar o nome de Pontevedra ao Festival Internacional de Danza Folclórica de Edimburgo 11 anos despois
Por Natalia Puga |
-
Os Trazantes de Tenorio, os mellor vestidos
Por Redacción |
-
A Escola de Música de Poio ofrece un campus de verán para nenos e nenas de entre 8 e 17 anos
Por Redacción |
-
Montero Ríos baila ao ritmo de medio século de muiñeira
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A celebración das 'vodas de ouro' da Día da Muiñeira enche Pontevedra de tradición
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Palillada na rúa, acto da Asociación Duos Pontes na Peregrina previo ao 50 Día da Muiñeira
Por Redacción |
-
A muiñeira batalla contra a chuvia en memoria de Piluca Montenegro
Por Mónica Patxot & Redacción |