O campus quere contar cun grupo de baile tradicional
Por Redacción
A programación cultural da Vicerreitoría do campus de Pontevedra organizou un obradorio de 30 horas co título "Como bailar nun serán".
É un pequeño curso de iniciación ao baile tradicional galego que, ao longo deste cuadrimestre, permitiu ás 18 persoas que cubriron as prazas ofertadas na primeira edición desta actividade un primeiro achegamento aos principais ritmos soltos e agarrados, como a muiñeira, a xota, o pasodobre e o valse.
O taller ten como docente á mestra de baile, pandeireta e canto tradicional Montse Rivera, integrante do grupo de pandeireteiras Leilía.
A maior parte das persoas comezaron de cero e foron adquirindo uns coñecementos base dos principais ritmos do baile tradicional, "para que poidan chegar a unha foliada e ser capaces de integrarse e incluso botar un punto", explica a profesora.
Non obstante, como sinalara o director de área adxunto á Vicerreitoría, Luis Torres, trátase tamén da primeira edición dunha iniciativa "á que buscamos dar continuidade", de tal xeito que poida, no futuro, dar lugar á creación dun "grupo estable" de baile no campus.
Deste xeito, esta iniciativa busca complementar outras propostas postas en marcha no campus como a Aula Permanente de Música Tradicional Galega, que tamén iniciou a súa andaina como obradoiro e que rematou facendo posible a creación dun grupo musical que ten protagonizado xa múltiples actuacións, tanto dentro como fóra da Universidade.
Relacionadas:
-
A Aula Permanente de Música Tradicional inicia na praza da Verdura o seu percorrido pola cidade
Por Redacción |
-
Montero Ríos baila ao ritmo de medio século de muiñeira
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Aula de Música Tradicional actuará cada luns de xuño nunha praza da cidade
Por Redacción |
-
A celebración das 'vodas de ouro' da Día da Muiñeira enche Pontevedra de tradición
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Palillada na rúa, acto da Asociación Duos Pontes na Peregrina previo ao 50 Día da Muiñeira
Por Redacción |
-
A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Aña Urbana enche o sábado de pasarrúas, regueifas, toques de leghón e baile tradicional
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |