Palillada na rúa, acto da Asociación Duos Pontes na Peregrina previo ao 50 Día da Muiñeira

Por Redacción
A Asociación Duos Pontes organiza, un ano máis, as actividades relacionadas co Día dá Muiñeira, que nesta edición chega ao cincuenta aniversario.
O primeiro acto terá lugar ás 11.30 horas deste sábado 27 de maio na Praza da Peregrina coa exhibición de 'Palillada na rúa', coas alumnas de Esperanza Marín mostrando as súas habilidades na arte dos palillos. A actividade desenvolverase ata as 13.30 horas e está previsto que ás 12.00 horas, o grupo de gaitas de Duos Pontes e o grupo de Os Trazantes de Tenorio amenicen esta proposta no centro da cidade.
En caso de choiva, o acto ao aire libre trasladarase á Praza de Abastos de Pontevedra, segundo indica a organización.
O venres 2 de xuño celebrarase o Día da Muiñeira. Os grupos participantes concentraranse na Praza do Teucro, desde as 19.30 horas, momento en que partirá o desfile polas rúas de Pontevedra ata a avenida de Montero Ríos. A partir das 20.00 horas iniciarase a mostra de baile.
O programa previsto é o seguinte:
- Categoría A, menores de 8 anos, que bailarán a Muiñeira de Mariñán.
- Categoría B, de 8 a 13 anos, que bailarán a Muiñeira de Fozara.
- Categoría C, maiores de 13 anos, que bailarán a Muiñeira de Santa Mariña.
Cando finalicen estas intervencións interpretarase unha xota e un pasodobre coa intención de que todas as persoas participantes e tamén o público teña a posibilidade de gozar do baile e da música tradicional de maneira masiva. Todas as pezas serán interpretadas polo grupo de gaitas de Duos Pontes.
Esta asociación pontevedresa tamén organiza unha exposición con motivo do 50 aniversario da celebración do Día da Muiñeira. A partir do mesmo 2 de xuño, a Praza de Ourense acollerá unha mostra fotográfica na que se ofrecen imaxes cun percorrido sobre feitos e anécdotas ao longo desta cita que se iniciaba no ano 1970.
Relacionadas:
-
Montero Ríos baila ao ritmo de medio século de muiñeira
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
325 integrantes de doce grupos participarán este venres no 50 aniversario do Día da Muiñeira
Por Redacción |
-
O campus quere contar cun grupo de baile tradicional
Por Redacción |
-
A celebración das 'vodas de ouro' da Día da Muiñeira enche Pontevedra de tradición
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A muiñeira batalla contra a chuvia en memoria de Piluca Montenegro
Por Mónica Patxot & Redacción |