A décima edición dos Premios Martín Códax da Música xa ten finalistas
Por Redacción
As Bodegas Martín Códax, en Cambados, foron o escenario este mércores 10 de maio da festa de finalistas dos décimos Premios Martín Códax da Música.
Desde as seis e media da tarde foron coñecéndose os nomes das corenta e cinco bandas e artistas, tres por categoría, que pasan á recta final desta edición 2023. Ademais, foron desvelados os nove proxectos finalistas nos tres Premios Organistrum: Salas, Festivais e Comunicación e Difusión Musical e, tamén, os artistas seleccionados na categoría de Artista Emerxente, que se abrirá á votación do público.
Todos os finalistas, 57 en total, recolleron un agasallo das Bodegas Martín Códax en recoñecemento da súa inclusión na fase final de votación. Os Premios Martín Códax da Música están organizados por Músicas ao Vivo, co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.
Socias e socios de Músicas ao Vivo son agora os encargados de votar na última fase dos premios que culminará na entrega dos mesmos o vindeiro 7 de xuño en Pontevedra.
A categoría de Artista Emerxente, que se instaurou o pasado ano e que foi concedido a Antía Muíño, ábrese tamén á votación do público xeral a partir do 11 de maio a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal.
A Festa de Finalistas contou coa intervención do presidente das adegas, Xoán Antonio Allegue López, e da presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia. Asistiron ao acto o director da Agadic-Xunta de Galicia Jacobo Sutil, a responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, e a concelleira de Pontevedra, Pilar Comesaña. Allegue López reseñou na súa intervención o apoio á cultura “como parte da identidade das bodegas”.
O pasado 29 de abril de setembro finalizaba a reunión e votacións do xurado dos Premios Martín Códax da Música 2023, de onde saíu a selección de proxectos finalistas que hoxe se presentaron. O xurado estivo composto nesta décima edición por Nía Tarrío, investigadora musical, Iria Mejuto, xestora sociocultural, Pepe Cunha, comunicador impulsor de “Ábrete de Orellas”, Adrián Saavedra, intérprete de piano e compositor, e Antía Ameixeiras, violinista e parte do dúo Caamaño&Ameixeiras.
A votación ábrese aos socios e socias de Músicas ao Vivo entre o 11 de maio e o 4 de xuño. Tamén se chama á participación do público, que poderá votar na categoría de Artista Emerxente. Nos próximos días tamén se desvelará o Premio Honorífico 2023.
A gala desta 10ª edición dos Martín Códax celebrarase o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra e estará inspirada no mundo do viño. Ese día coñeceranse todas as propostas premiadas da décima edición dos galardóns.
PROXECTOS FINALISTAS POR CATEGORÍAS:
Blues, Funk e Soul: Udra, Ángeles Dorrío, Apart
Folk: Quico Comesaña + Grupo, Xurxo Fernandes, Abril
Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Ton Risco e Marcos Teira, Madalena Gamalho
Canción de autor/a: Santi Araújo, Su Garrido Pombo, Tomás Porteiro
Músicas urbanas: Sila Lua, Møu, Boyanka Kostova
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: Burgas Big Band, Orquestra La Oca Band, Grupo Limón
Metal e heavy: Arrhythmia, Youcanthide, Lost Minnow
Bandas de Música Popular: Banda de Música Cultural de Salceda, Banda de Música Municipal de Silleda, Banda de Música “O Landro” de Viveiro
Música Tradicional: Pandeireteiras Sen Fronteiros, Paraíso Canto, Ailá
Música Infantil: Pakolas, Pillaband, Brais das Hortas
Música Clásica e Contemporánea: Fabio Álvarez, Mario G. Cortizo, Papagena
Electrónica: Carabela, Terrae, Mel
Jazz e Músicas Improvisadas: Lucia Martinez & The Fearless, David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere, Valentín Caamaño
Rock e punk: Moura, Eager Platypus, Wetsocks
Pop e indie: Banda Aldaolado, Blanco Palamera, Momboi
Finalistas Organistrum:
Salas: Sala Rebullón, Aturuxo, Sala Pub Gatos
Proxectos de Comunicación e Difusión: Cuac FM, O Recanto do Corcovado, Galiciantunes
Festivais: Festival Alternativo Millo Verde, Canteira Fest, Foliada da Fonsagrada
Finalistas Artista Emerxente: Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel, Lontreira
Relacionadas:
-
RADIO.- Brutal presenta o seu novo elepé por partida dobre: en castelán máis en galego
Por Redacción |
-
A décima edición dos Premios Martín Códax da Música reivindica en Pontevedra o talento galego
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Luz Casal recibirá en Pontevedra o galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música
Por Redacción |
-
Dez anos de vida para uns Premios Martín Códax da Música que volverán entregarse en xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore, reunidos en Pontevedra para #CulturgalSon15
Por Alejandro Espiño |
-
A novena edición dos Premios Martín Códax da Música celebra a fin da pandemia con reivindicacións
Por Mónica Patxot & Redacción |