Un pontevedrés lega un cadro de Laxeiro ás monxas de Armenteira e estas dóano á Deputación
Por Oskar Viéitez
A Deputación acaba de recibir a doazón dun valioso cadro de Laxeiro destinado ao Museo de Pontevedra. O cadro, titulado "A naiciña", de 1948, recalará na exposición permanente da pinacoteca do Museo despois dun curioso periplo.
Pertencía ao pontevedrés Juan Ignacio Novás Viñas que en anteriores ocasións xa cedera outras obras á entidade museística. De feito a deputada Ana Isabel Vázquez e o propio presidente provincial, Rafael Louzán, visitaron o seu domicilio e iniciaron unha negociación para a cesión gratuíta do cadro.
Esas conversacións se inciaron hai dous anos pero Juan Ignacio faleceu o 11 de xullo de 2013, aos 87 anos de idade. Por expreso desexo do falecido, as honras fúnebres foron celebradas na intimidade polas Irmás Cistercienses de Armenteira.
Elas foron as beneficiarias do legado do cadro de Laxeiro, taxado en 60.000 euros, aínda que segundo aseuró Louzán ou seu valor de mercado é superior a esa cifra".
"Ás condicións nas que se atopaba o cadro no Mosteiro de Armenteira non eran ás mellores e así o entenderon ás monxas", explicou Louzán. De modo que a congregación decidiu doar ao Museo esta maternidade.
O presidente da Deputación agradeceu este acto de xenerosidade e o feito de que pase a patrimonio público esta importante obra pictórica.
O cadro foi presentado este xoves aos medios de comunicación antes de pasar polos talleres de restauración do Museo, paso previo antes de ser colgado dentro da colección permanente do Sexto Edificio, concretamente na sala dedicada aos renovadores da arte galega, movemento ao que pertenceu Laxeiro.
Ana Isabel Vázquez explicou que a maternidade, é ún tema recorrente dentro dos renovadores, como símbolo identitario da sociedade matriarcal galega.