Concerto de 'Despedida del Villancico'
Por Redacción
Será na Igrexa parroquial de San Bartolomeu, o venres 10 de xaneiro de 2014, ás 20:00 horas
Este ano, baixo a dirección de Enrique J. Lareo Martín, celébrase a quincuaxésimo sexta edición do concerto de Despedida del Villancico a cargo dos cantores que noutro tempo formaron parte do coro dos Institutos de Pontevedra.
Nacido en 1955, da man do profesor Filgueira Valverde, era un coro integrado só por alumnos, unha iniciativa apoiada e favorecida por el claustro de profesores, que daba continuidade a outros precedentes na vida musical da cidade de Pontevedra, que contaba cunha fecunda tradición nese eido.
A súa primeira actuación pública tivo lugar o 16 de marzo de 1955 no mosteiro de Poio. Contemplaba a preparación anual de catro grandes liñas de composicións: polifonía relixiosa da Semana Maior, panxoliñas de Nadal, música medieval galega e as súas perduracións, e cantos do Calixtino e do Camiño de Santiago.
Desde os seus inicios, as actuacións do Coro dos Institutos foron unha constante e un referente na cidade do Lérez. Entre estes concertos cabe salientar Despedida del Villancico, organizado anualmente polo Museo de Pontevedra, no que os cantores ofreceron sempre un selecto repertorio de música de Nadal tanto antiga coma contemporánea.