Cepeda, en Pontevedra o 4 de abril: concerto acústico con Club 100 no Pub Bazaar
Por Alejandro Espiño
Cepeda volve a Pontevedra. Farao o vindeiro martes 4 de abril. Será o invitado do ciclo Club 100, organizado pola emisora Cadena 100 Rías Baixas. Actuará en formato acústico no Pub Bazaar, a partir das nove e media da noite.
As entradas para este concerto son gratuítas. A asistencia ao evento será por invitación. Os pases pódense conseguir, desde este luns, na sede de Cadena 100 Rías Baixas.
Club 100, segundo os seus organizadores, ofrece ao público un formato íntimo e próximo, no que os artistas interpretan as súas cancións en acústico ante un grupo reducido de persoas.
Luís Cepeda, que saltou á fama tras a súa participación en OT 2017, presentará en directo os temas incluídos en Sempiterno, o seu terceiro disco de estudo, co que leva virando desde hai varios meses.
Un dos seus últimos concertos en Galicia foi en Sanxenxo.
En Sempiterno, o cantante e compositor galego explora moito máis o pop-rock e, mesmo, o punk, unha meditada mestura de estilos e modos de compoñer arroupan a súa desgarradora voz, que se atreve tamén con sons máis próximos ao R&B.