O monólogo de Touriñán 'Aquí Tou!', o 2 de abril no Grove
O humorista e actor galego, Xosé A. Touriñán, visitará o Auditorio Municipal do Grove o próximo 2 de abril nunha das actuacións da xira do seu monólogo Aquí Tou! O show comezará ás 19:00 horas.
Touriñán define este monólogo como unha peza moi persoal na que percorrerá os momentos vitais que o levaron a ser a persoa que é hoxe, todo iso en clave humorística.
O show tratará de mostrar os momentos craves do seu camiño vital. O cómico mesturará desde ficción con realidade, tenrura e picardía, ata anécdotas propias con cultura popular galega.
Todas as boas e malas decisións que o definiron como persoa, xunto a unha serie de feitos casuais que o levaron a ser quen é, son algúns dos elementos máis característicos deste monólogo. As entradas están á venda na páxina web entradas.ataquilla.com.