Preséntase en sociedade 'Quiero mi vida', "una historia que ha ocurrido mil veces"
Por Natalia Puga
Quiero mi vida é unha ficción literaria, pero "cercana y ctual", conta "una historia que ha ocurrido mil veces", a de mulleres vítimas de distintos tipos de violencia por parte das súas parellas, a de persoas que sofren discriminación e a de todos aqueles que xiran ao seu arredor na vida cotiá: familiares, amigos, veciños.
ÿ a primeira novela de Carmen Novo, actual tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra e durante 12 anos delegada da área de Violencia de Género. O catedrático do instituto Valle Inclán Eduardo Cid presentouna oficialmente insistindo en que se trata dunha obra que plasma en papel historias que cada lector se pode encontrar na súa vida cotiá.
Ante unha sala abarrotada na galería Sargadelos, destacou dous aspectos sen os cales a obra non sería posible: a experiencia profesional da autora e a intención da súa novela de dar voz ás vítimas de violencia de xénero e lograr que a sociedade tome conciencia sobre esta "eiva social". Para iso, asegurou: "Carmen Novo es fiscal y ese es un dato relevante, literariamente relevante, porque el fiscal es el que habla en nombre de las víctimas".
José Membrive, editor de Quiero mi vida, insistiu nesta actualidade da novela. En Edicións Carena"solo publicamos autores libros, nos gusta la literatura muy ligada a la sociedad", de aí que se decidisen a publicar a obra de Carmen Novo, na que "ha cogido la vida de una persoa normal", Pilar, a protagonista, e contouna de tal forma que "puede llegar a mucha gente, aunque no sea lectora habitual".
A proximidade entre a ficción de Quiero a miña vida e as historias coas que se encontrou como fiscal de Violencia de Xénero tamén centrou o discurso de presentación da autora e colaboradora de PontevedraViva. Nos doce anos que ocupou ese posto "mas o menos yo creo que llegué a comprender un poco las sensaciones, sentimentos que podían tener y de alguna manera quise reflejarlos".
"Es una historia que se da con bastante frecuencia, que puede ocurrir a cualquiera" e quixo contala de tal maneira que "los lectores pudiesen identificarse con sus personajes o identificar en ellos a alguien de su entorno".