Lores, Louro, Moreira e Fina Casalderrei, músicos sorpresa no Concerto de Nadal da BMP
Por Redacción
A Banda de Música de Pontevedra prepara unha actuación moi especial para o próximo luns 30 de decembro. Chega o seu tradicional Concerto de Nadal, que nesta ocasión ven con sorpresa. Non só pola calidade do repertorio escollido para a ocasión, senón pola participación de importantes persoeiros da cidade. A escritora Fina Casalderrey, e os políticos Miguel Anxo Fernández Lores, Jacobo Moreira e Antón Louro colaborarán nunha das pezas do concerto.
Neste concerto, que se celebrará no Teatro Principal ás 21.00 horas, os catro participarán en calidade de músicos, baixo a batuta de Juan Lois Diéguez, o director da banda pontevedresa.
A Banda de Música de Pontevedra escolleu para este concerto tan especial de Nadal o seguinte repertorio:
- Norma - Sinfonia dall´opera (V. Bellini / arr. Franco Cesarini)
- A Grand Grand Oberture - Oberture (Malcolm Arnold / arr. Keith Wilson)
- Danse Diabolique (Joseph Hellmesberger / arr. Tohru Takahashi)
- Der Carneval in Venedig - Fantasie (Johann Strauss Vater / arr. Juan Lois Diéguez)
- Tristch-Tratsch-Polka (Johann Strauss II / arr. Roger Niese)
- Champagne Polka (Johann Strauss II / arr. Juan Lois Diéguez)
- Sleigh Ride - "Paseo en trineo" (Leroy Anderson)
- Auf der Jagd! - "Á Cacería" (Johann Strauss II / arr. Luc Vertommen)
Ademais deste concerto, a Banda de Música de Pontevedra prepara xa o primeiro concerto do ano, un encontro musical de gran simbolismo titulado "Ás dúas beiras do Miño", no que se poderán escoitar as excepcionais voces de Ana Laíns e Rosa Cedrón. Será o venres 3 de xaneiro, ás 21 horas, no Teatro Principal. Será o inicio dun completo programa para celebrar o 110 aniversario que a formación musical cumpre en 2014.