'What Monster?' Unha forma divertida de aprender inglés
Este luns 13 de febreiro ás 10:00 horas da mañá representouse a obra de teatro en inglés 'What Monster?' no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Esta representación foi interpretada polos actores da compañía de On Stage e forma parte da programación de artes escénicas de Afundación.
Comezaron a entrar ao auditorio os nenos e, unha vez estaban todos sentados, un dos actores que interpreta a obra comezou a falar con eles, dándolles a benvida, chocándolles as mans e preguntándolles como estaban. Todas ás interaccións que se realizaron cos nenos eran en inglés. Esta foi unha forma de ir preparando aos escolares para a actuación. Previamente ao comezo da obra, o director Luis López Mancisor comezou a xogar cos nenos, este pasatempo baseábase en que o director dicía unha serie de palabras en inglés a diferentes velocidades e utilizando varias entoacións e os alumnos repetíanas. Por exemplo, Luís Lopez dicía "Good morning" e os nenos repetíano. Unha vez finalizado este xogo comezou a función.
Iníciase 'What Monster? e ao pouco de comezar, os actores pediron voluntarios, nese instante, levantáronse todas as mans, os escolares estaban ansiosos por participar, de feito, un dos nenos escollidos tropezouse para saír con rapidez. Saíron ao escenario seis estudantes e mandáronlles facer unha serie de movementos. O alumnado estaba moi contento e participativo e respondían ben as interaccións da obra. Algúns escolares non entendían determinadas palabras, pero resolvían as súas dúbidas cos seus compañeiros da beira, fomentando o traballo en grupo.
Esta foi a primeira función desta semana, xa que o martes 14 de febreiro volverá a representarse ás 10:00 horas e ás 12:00 horas e o mércores 15 de febreiro será interpretada por última vez no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra ás 10:00 horas. Unha vez finalizadas todas as representacións comentadas, irían a vela un total de 2115 escolares de quinto e sexto de primaria de 37 centros educativos de Pontevedra e da comarca.