O cantautor Luis Fercán inaugura a sexta edición de 'Achégate ao Salón!' o domingo 12 de febreiro
Por Redacción
O cantautor compostelán Luis Fercán inaugurará o domingo 12 de febreiro a sexta edición do ciclo musical 'Achégate ao Salón!', organizado pola Concellería de Cultura de Vilagarcía co obxectivo de dinamizar a cidade nos eidos musical, cultural e económico.
O concerto comezará ás 12.30 horas no Salón García. As entradas poden adquirirse a través da páxina web de Ataquilla cun prezo de 12 euros para o público en xeral, de 5 euros para menores de 16 anos e de balde para desempregados. Estes últimos deberán reservar a súa entrada a través da web e a presentarán no acceso ao concerto acompañado do carné de desempregado e do DNI.
Fercán é considerado un dos maiores talentos da canción de autor dos últimos anos, e interpretará en Vilagarcía os temas do seu álbum "Canciones completas desde una casa vacía" así como traballos anteriores.
O cantautor naceu en Santiago de Compostela e a súa música se caracteriza polas súas letras maduras e a súa voz rachada. Malia súa xuventude, xa ten publicados dous álbums e realizou diversos concertos por toda España e un "sold out" na sala Sol de Madrid.
Desde o Concello de Vilagarcía explican que Fercán ten "un directo emocionante e unha personalidade irresistible e é toda unha revelación que aspira a converterse nun dos grandes artistas do país".