Ponteatro pecha a tempada cun aforo medio de 240 espectadores por función
Por Redacción
O ciclo teatral 'Ponteatro. Os xóves bótalle teatro á vida', celebrou o xoves a súa derradeira representación, Curriculum Vitae cunhas "excelentes" cifras de asistencia ás sete obras que se representaron ao longo dos tres meses de outono.
A programación teatral de outono está consolidada hai anos, pero con respecto aos anteriores, na tempada 2013 rexistrou un incremento de casi o 50 por cento na asistencia, acadando un aforo medio de 240 asistentes por función. Un dato máis que positivo que anima á Concellaría de Cultura e ao Pazo da Cultura a manter este tipo de programación cara outras tempadas.
Dende a organización sinalan que o éxito pode atribuirse a un cartel que non pasou desapercibido, non só pola calidade e variedade dos seus espectáculos, senón polo chamativo e simpático deseño do mesmo, que convidaba a facer frente ao inverno chuvioso e "botarlle teatro á vida"; e a algúns cambios que favoreceron a participación: establecer os xoves como día fixo para as representacións creando un hábito no espectadores, celebrar a maior parte das obras (5 de 7) no Teatro Principal, e a venda de abonos
Como ven sendo habitual, houbo tamén funcións concertadas con centros escolares, neste caso O método Grönholm, O home Almofada e Anxeliños, todas elas con índice de asistencia elevados por parte de centros do Concello de Pontevedra e outros próximos como Ponte Caldelas, O Grove e Poio.
As representacións que contaron con máis publico do ciclo foron Eurozone de Chévere no Pazo con preto de 400 asistentes, o que tendo en conta que o aforo é de 732 butacas, supón máis da metade e Curriculum Vitae no Teatro Principal, acadando os 250 dun aforo de 434.
Relacionadas:
-
Pontevedra ten 'fame' de cultura: máis de 150.000 espectadores en nove meses de programación
Por Alejandro Espiño |
-
"Curriculum Vitae", unha comedia sobre a precariedade do mercado laboral pecha o ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
Talía abre o ciclo de Ponteatro este xoves con 'El Método Gronholm', unha obra de executivos que buscan emprego
Por Anxo Lourido |
-
Os xoves, Pontevedra ten que botarlle teatro á vida
Por Redacción |