O Salón García acolle a proxección do documental '20 anos de dignidade' sobre o afundimento do Prestige
Por Redacción
O 12 de novembro de 2022, Galicia sufría un dos grandes acontecementos das últimas décadas ao afundirse o Prestige fronte ás costas provocando unha catástrofe ambiental.
Vinte anos despois, o pontevedrés José Manuel Aragunde Pereira dirixiu un documental que recolle entrevistas aos protagonistas daqueles días e ofrece imaxes da fauna e flora afectada polo chapapote.
Aquelas persoas interesadas en ver este traballo, de 45 minutos de duración, terán a oportunidade de achegarse este sábado 28 ao Salón García en Vilagarcía de Arousa a partir das 20.30 horas e revivir aqueles momentos.
A obra, que leva por título '20 anos de dignidade', foi creada para a xente máis nova de Galicia para que comprobe as consecuencias ambientais daquel afundimento. Esta proxección, promovida pola Deputación de Pontevedra, é para todos os públicos e a entrada será libre ata completar a capacidade da sala.
Relacionadas:
-
O Casal de Ferreirós proxectará o documental ’20 anos de dignidade’, sobre o afundimento do Prestige
Por Redacción |
-
Pontevedra empápase de 'dignidade' no 20 aniversario do afundimento do Prestige
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Presentan o documental '20 anos de dignidade' da plataforma Nunca Máis no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |