Izal: "Chegar a cidades como Pontevedra onde aínda non tocáramos e encher, era impensable"
Por Alejandro Espiño
Magia y efectos especiales, o seu disco debut, converteu a Izal nunha das apostas máis interesantes do panorama musical indie. Atraídas polo seu éxito, varias discográficas achegáronse a eles. Pero a banda madrileña tíñao claro. Optaron por recorrer ao crowfunding, buscando unha maior liberdade creativa. Así naceu Agujeros de gusano, un disco, recoñecen, que lles supuxo certa presión "porque é o primeiro disco que alguén esperaba de nós"
Agora chegan a Pontevedra, cidade na que actúan por primeira vez, cun traballo "máis escuro e máis traballado" que o anterior, onde confirman un estilo que foi moi ben recibido polos seus cada vez máis numerosos seguidores. E a súa estrea en directo non defraudou a ninguén. "Chegar a cidades onde aínda non tocaramos e encher, era impensable", aseguran. Comprobarémolo este sábado 21 de decembro (22.30 horas) na Sala Karma.
Hai uns meses, aínda co anterior disco, ofrecestes tres concertos en Galicia. Agora é a vosa primeira vez en Pontevedra. Coñecíades a cidade e a sala na que tocaredes?
Algún de nós estivo algunha vez en Pontevedra, para outros vai ser a primeira vez que visitan a cidade. Non nos falaron da sala, pero como facemos habitualmente buscamos fotos, indagamos un pouco para saber que teremos en canto a tamaño de escenario e que grupos tocaron, como referencia soamente.
Que esperades deste concerto?
Estamos desexando que chegue o momento do concerto. O público indicáranos nas redes sociais que querían un concerto noso polo norte, creo que teñen as mesmas ganas que nós e alá que imos.
Presentades o voso segundo disco, Agujeros de gusano. Como describiríades este novo traballo?
"Tivemos máis tempo no estudo de grabación para probar. Cremos que iso se notou bastante na confección do disco en xeral"
ÿ unha confirmación do noso estilo, máis escuro que Magia y efectos especiales pero máis traballado polo simple feito de que tivemos máis tempo no estudo de grabación para probar. Cremos que iso se notou bastante na confección do disco en xeral.
Por que ese nome?
ÿ o nome dun dos temas que consideramos máis importantes do disco e ademais parécenos interesante que sexa un título algo ambiguo.
Tivéchedes xa a oportunidade de estrealo en directo. Estades satisfeitos co resultado e o son das novas cancións?
Estamos moi satisfeitos co directo. Levábamos moito tempo tocando o disco de Magia y efectos especiales e veunos moi ben tocar temas novos.
E coas entradas esgotadas na maioría dos concertos. Esperábadelo?
A verdade é que non o esperábamos. As primeiras reaccións do público co disco na rúa en xeral foron moi boas, pero chegar a cidades onde aínda non tocáramos e encher, era impensable.
Sempre se di que sacar un segundo disco é complicado. Despois do éxito do primeiro disco, como vos tomastes a grabación deste? Notastes certa presión?
"Si que notamos presión, porque é o primeiro disco que alguén esperaba de nós (...) non sabes cal será a reacción ante o teu traballo"
Si que notamos presión, porque é o primeiro disco que alguén esperaba de nós. Pero imaxinamos que é o que sofre calquera grupo ao sacar un disco, non sabes cal será a reacción ante o teu traballo. A gravación afrontámola con total tranquilidade para poñer todos os nosos sentidos no que faciamos, a presión estivo antes e despois do estudo.
Para este disco volvestes a recorrer ao crowfunding. Foi necesidade ou quixestes facelo así á propósito?
Tivemos algunha oferta de multinacionais pero falamos entre nós de que ata agora nos apoiaron moitísimo e decidimos facelo mediante crowdfunding. Estamos moi agradecidos de todo o apoio que tivemos.
Credes que esta fórmula dá aos artistas unha maior liberdade creativa?
Si, estamos seguros de que esta fórmula é moi xusta, xa que o público axuda coa compra anticipada porque lle gustou o que fixeches, confía e quere que sigas facendo discos.
Sexa como sexa, o resultado foi sensacional. Como valorades o apoio recibido?
Pois valoramos moi positivamente o apoio e en agradecemento tivemos concertos exclusivos para os nosos crowdfunders.
Sodes un exemplo dun grupo que foi crecendo grazas ao boca a boca dos vosos seguidores e en tres anos sodes xa unha referencia no panorama indie español. Cal é o voso segredo?
Non sabemos cal é o segredo. Nós o que fixemos sempre é traballar moito e estar moi en contacto coa xente á que lles gusta a nosa música.
O feito de proceder cada un dun lugar diferente, probablemente con influencias diversas, enriqueceuvos?
Desde logo que si, as diferentes influencias déixanse ver bastante nos temas e nos arreglos.
Dávos vertixe crecer tan rápido?
"O crecemento con Izal veu con moitos concertos, moito traballo, o que fai que o vexamos progresivo e asimilemos ben o que pasa"
Crecemos relativamente rápido, pero levábamos moito tempo tocando cada un polo noso lado. Ademais, o crecemento con Izal veu con moitos concertos, moito traballo, o que fai que o vexamos progresivo e asimilemos ben o que pasa.
O voso nome empeza a figurar en numerosos festivais para 2014. Que esperades para o novo ano?
Esperamos seguir traballando e que os nosos concertos énchanse cada vez máis. Que teñamos saúde para todo o que temos que facer.
Sodes dos que opinan que Internet suma ou que prexudica ao mundo da música?
Para nós foi moi importante a acción das redes sociais, así que para nós Internet suma.
O momento que atravesa a nosa cultura, preocúpavos? Credes que hai marxe de mellora a curto prazo?
Preocúpanos que haxa un IVA cultural tan alto. Sumado á situación económica precaria das familias, ir a un concerto converteuse nun luxo e iso aféctanos a todos os que traballamos na musica ou calquera outro ámbito cultural.
E para terminar, para os que estean lendo esta entrevista e aínda non vos coñezan: se vos van ver en Pontevedra que se van a atopar?
Vanse a atopar a cinco músicos dando o mellor que levan dentro e preocupándose de que o público goce ao máximo.