"Curriculum Vitae", unha comedia sobre a precariedade do mercado laboral pecha o ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño
Unha comedia que fala sobre a precariedade do mercado laboral. ÿ a proposta de Ponteatro para a súa última cita. O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este xoves 19 de decembro ás 21.00 horas a representación de Curriculum Vitae, unha montaxe da compañía Redrum, protagonizada por dous actores de primeiro nivel da escena teatral galega: Mónica García e o pontevedrés Guillermo Carbajo.
Curriculum Vitae, dirixida por Alex Sampayo, é unha comedia sobre entrevistas de traballo na que seremos testemuñas, a través da invisible cuarta parede dunha oficina desas "curiosas" escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo.
Humillación, enchufismo, ineptitude, mala hostia, abuso... vanse sucedendo nas cinco pezas que compoñen a obra para mostrar, desde o humor, a crúa realidade do mundo laboral. Trátase de historias escritas por grandes valores da escrita galega como Diego Ameixeiras, Araceli Gonda, Avelino González, Manolo Cortés e José Prieto.
A obra, a terceira que representa a compañía Redrum, estreouse hai un ano no teatro Rosalía de Castro da Coruña e leva xirando dende entón por Galicia con moito éxito.
As entradas para asistir á representación de Curriculum Vitae están á venda a través de www.servinova.com. Teñen un prezo de oito euros.
Relacionadas:
-
Ponteatro pecha a tempada cun aforo medio de 240 espectadores por función
Por Redacción |
-
Fantoches Baj e a Banda de Música de Pontevedra únense en "As pombas do Carboeiro", nova cita de Ponteatro
Por Redacción |
-
Ponteatro chega ao seu fin da man de 'Fantoches Baj' e a Banda de Música de Pontevedra e 'Redrum'
Por Oskar Viéitez |