Unha viaxe por Pontevedra, guiados pola pluma de Álvaro Cunqueiro
Por Mónica Patxot & Redacción
Na librería Cronopios presentouse este luns o libro "Polos vieiros do fabulador. Cunqueiro e Pontevedra", nun acto no que participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a deputada de Cultura, Victoria Alonso, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro.
A obra selecciona traballos de distintas revistas nos que Cunqueiro de modo tanxencial ou específico fai referencia á Boa Vila, á provincia de Pontevedra e ás súas vilas, tradicións ou gastronomía.
Reúnese nesta obra unha escolma de traballos que o autor de 'Merlín e familia' foi sementando por variadas publicacións, e onde, unhas veces de xeito tanxencial, outras específico, fai referencia a Pontevedra cidade, á provincia e as súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes.
Unha selección que permite un achegamento á identidade dun territorio rebordado de literatura, mitos e lendas.
Unha viaxe por Pontevedra, guiados pola pluma de Álvaro Cunqueiro.