Culturgal, menos cartos máis actividade
Por Redacción
Será a terceira edición consecutiva que se desenvolva en Pontevedra e a Feira das Industrias Culturais chegará con 140 actividades ao Recinto Feiral, 10 máis que o ano pasado, a pesar de que o presuposto nesta edición será de 250 mil euros, un 15% menos que en 2011.
Nesta edición haberá unha programación familiar con especial dedicación aos máis pequenos con talleres, exposicións, contacontos, maxia, danza e teatro.
Na programación xeral destacan as conversacións con Ignacio Escolar, Xosé Monteagudo e Rexina Vega; o encontro con Luis Tosar e a lectura por parte de Manuel Rivas dun fragmento da súa última novela, As voces baixas.
O Culturgal contará, entre outras moitas actividades, cunha presentación da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño con motivo da dedicación do próximo Día dás Letras Galegas á figura do dramaturgo.
Pero ademais durante a primeira xornada, a Feira levará a distintos puntos de Pontevedra actividades de circo, música e danza.
Esta cita que recolle o máis rechamante da industria cultural galega comezará o venres 30 de novembro e prolongarase ata o 2 de decembro. O acceso será libre.
Na presentación, o Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez destacou que a edición deste ano servirá como espazo para o naciomiento de novas oportunidades para este sector. Nese sentido, o presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo, apuntou que este evento serve como "berce de proxectos empresariais".