Tres días para coñecer a obra de Alejandro de la Sota
Por Anxo Lourido
O xornalista Rafael López Torre será o encargado de abrir o ciclo de conferencias sobre Alejandro de la Sota, o arquitecto pontevedrés falecido en 1996 que alcanzou un elevado prestixio en toda España.
Nestas conferencias analizarase a súa relación coa cidade e a súa traxectoria profesional con motivo da conmemoración durante o ano 2013 do centenario do seu nacemento. O arquitecto era fillo de Daniel de la Sota, presidente da Deputación e do primeiro Padroado del Museo pontevedrés.
As conferencias continarán o mércores 7 cunha charla impartida polos arquitectos Pilar Díez e Alberto Noguerol e o xoves 8 de novembro cun relatorio de Teresa Couceiro, directora da Fundación Alejandro de la Sota, sobre o seu labor como mestre de arquitectos.
As conferencias comezan ás 8 da tarde, están incluídas na undécima edición do Memorial Filgueira Valverde, promovido pola Universidade de Vigo e polo Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar o aforamento.