Ángel Stanich, un furacán indomable no seu regreso á Sala Karma
Por Redacción
Ángel Stanich volveuno a facer. O público pontevedrés encheu de novo a Sala Karma para asistir ao concerto do artista santanderino, que onte á noite presentou en directo o seu último disco.
Polvo de Batiatto, o terceiro álbum da súa carreira, editouse a finais do pasado ano. Chegou ao mercado tras case tres anos de retiro artístico, explorando territorios aínda máis intimistas e confesionais e cunha retranca aínda máis desatada.
Todo iso notouse sobre o escenario da sala pontevedresa, na que ademais dos seus novos temas soaron grandes éxitos como Carbura!, Metralleta Joe, Galicia Calidade ou Mátame Camión.
Durante o concerto, Stanich quixo ir repasando a historia da propia cidade de Pontevedra, facendo unha chiscadela así a unha localidade que, cada vez que actúa nela, envórcase con el.
Poesía, humor e ironía por milleiros foron as claves da actuación do que, para moitos, é o artista máis enigmático inclasificable do pop nacional.