"As que limpan" levan a Ponteatro a iniciar tempada coas entradas esgotadas
Por Redacción
Está claro que o público pontevedrés tiña 'fame' de teatro. O regreso do ciclo Ponteatro, que durante os próximos meses traerá á cidade ás mellores compañías teatrais de Galicia, arrancou con gran éxito e coas entradas totalmente esgotadas.
Foi coa representación de As que limpan, o novo espectáculo de A Panadaría, que encheu o patio de butacas do Teatro Principal de Pontevedra.
A función, que aborda a situación das camareiras de piso, estivo interpretada polas actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada destas traballadoras dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hostaleiras.
Tras o cheo da súa primeira sesión, Ponteatro regresará a próxima semana, o xoves 13 de outubro con O Péndulo de Inversa Teatro, que mostra como se desenvolveu o golpe militar de 1936 e o inicio da matanza unilateral en Galicia.
Relacionadas:
-
Fai caso a Lady Elizabeth Stanley, con Ponteatro "non che dará chegado a próxima"
Por Natalia Puga |
-
Ponteatro regresará en febreiro e ampliará o número de abonos dada a boa acollida
Por Redacción |
-
Ponteatro bota a andar este xoves no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Saen á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e as Matinés
Por Oskar Viéitez |