Concerto do pianista arxentino Juan Carlos Cambas este sábado no Principal
Por Redacción
'A viaxe: desde Arxentina ata Galicia' é un proxecto discográfico do pianista arxentino-galego Juan Carlos Cambas, que conta a través da música a biografía da súa familia, pero tamén a historia de miles de emigrantes, que do mesmo xeito que seus país, atravesaron océanos na procura dun futuro mellor para eles e as súas familias, que deixaban quedar atrás. "Músicas con identidade e pertenza, Músicas que borran fronteiras, Música para Almas viaxeiras con novos destinos por descubrir".
O concerto do sábado 17 no Principal é a presentación do disco 'A viaxe: desde Arxentina ata Galicia' no que leva traballando 10 anos. O espectáculo realizará unha travesía por algún dos 18 portos desta viaxe: 'El Cóndor pasa' / 'El Humahuaqueño', 'Ausencias', 'Levántate y canta', 'Zamba por vos', 'Bihar Arte', 'Pedacito de río', 'La Vieja', entre moitos outros, xunto a algún dos artistas que se embarcaron nesta gran produción internacional: o cantautor portugués Joao Afonso, sobriño de Zeca Afonso, será un dos grandes intérpretes que participará en este concierto cantando 'Aquí em baixo' e outros temas do seu tío.
Desde Argentina viaxará por primeira vez a España Diego Alberto, un cantautor emerxente que participou neste proyecto cantando Pilar y Juan. A cantora galega Rosa Leiro interpretará: 'El árbol que tu olvidaste' de Atahualpa Yupanqui, entre outras.
Estes artistas colaboradores súmanse á banda orixinal formada por Matías González (Bandoneón), Guillermo Gómez Álvarez (Guitarra), Manolo Gómez (Charango) e Facundo Ledesma (Percusión), co propio Juan Carlos Cambas ao piano.
Xa están á venda anticipada en Ataquilla.com as entradas a un prezo único de 3 euros e de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Teatro.
Relacionadas:
-
Mahmood atrasa ata 2023 a súa cita co público pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
Nacho Vegas actuará no Pazo da Cultura o venres 27 de xaneiro
Por Redacción |
-
Saen á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e as Matinés
Por Oskar Viéitez |
-
Maria Arnal i Marcel Bagès e Ugía Pedreira, apostas para a regreso das Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |