Saen á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e as Matinés

Por Oskar Viéitez
A concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, anunciou este mércores que xa saíron á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e a Matinés.
Este ano Domingos do Principal empeza o 2 de outubro coa obra Son Cris, pequeña valiente de El Espejo Negro, e neste mesmo mes están programadas As pitas baixo a choiva (domingo 9) de Teatro Ghazafelhos, A cazola de Lola (domingo 16) de Tanxarina, Camiño de historias (domingo 23) de Migallas Teatro e Soy una nuez (domingo 30) de Zum-Zum Teatre. En novembro haberá tres, que serán Ela (domingo 6) de Caramuxo Teatro, Tarzán en el diván (domingo 13) de Mar Mar Teatro y Las Cotton (domingo 20) de Anita Marabillas e Portal 71.
En canto a Ponteatro o Concello programou seis obras: As que limpan (6 de outubro) da Panadaría, O péndulo (13 de outubro) de Inversa Teatro, Golfa (20 de outubro) de Crémila, O porco de pé (27 de outubro) de Excéntricas, Cigarreiras (3 de novembro) de Contraproduccións e Smoke on the water (10 de novembro) de Ibuprofeno Teatro.
Mentres que As Matinés do Principal contarán con María Arnal i Marcel Bagés (8 de outubro) e Ugía Pedreira (29 de outubro).
ATRÁSASE O CONCERTO DE MAHMOOD
Carmen Fouces tamén anunciou que o concerto de Mahmood, previsto para o 12 de novembro se pospoñerá ata xaneiro do próximo ano xa que "van atrasados na gravación do seu disco". Mantense a data do outro concerto do ciclo Voices, o de Manel, fixado para o 5 de novembro.
E o 27 de xaneiro o protagonista será Nacho Vegas. O cantautor asturiano, que atesoura máis de dúas décadas de traxectoria musical dacabalo entre o folk e o rock, presenta en Pontevedra ‘Mundos inmóviles derribándose’, un disco que profunda no seu persoal universo creativo. Un traballo co que estrea discográfica e onde lle acompaña unha nova banda.
Tamén están á venda as entradas para o concerto de Juan Carlos Cambas 'A viaxe'. O 16 de setembro no Teatro Principal o pianista arxentino amosará un traballo conceptual que conta, a través dá música, a viaxe dúas seus pais ata Arxentina, e ou seu propio regreso ás terras dá orixe: Galicia e Asturias.
Sobre as novidades de programación de cara a xaneiro o 21 terá lugar o espectáculo teatral de Alberto San Juan ‘Nueva York en un Poeta’
'DO FINAL E DO COMEZO 2022'
Para este xoves 8 de setembro está prevista a inauguración de 'Do final e do comezo 2022' que permanecerá no Pazo da Cultura para plasmar o escenario artístico do alumnado da Facultade de Belas Artes, a partir dunha selección dos proxectos realizados para esta etapa, que poñen fin a catro anos intensos de traballo, e que dá comezo a novos camiños.
Relacionadas:
-
Alberto San Juan encarna este sábado a Lorca en Pontevedra nun espectáculo con música en directo
Por Redacción |
-
'Per la bona gent', a xira de Manel por Galicia, conclúe o sábado no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
As Matinés do Principal, un regreso agardado con María Arnal i Marcel Bagés
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
María Arnal i Marcel Bagés, 'pop mutante' para o regreso de As Matinés
Por Alejandro Espiño |
-
"As que limpan" levan a Ponteatro a iniciar tempada coas entradas esgotadas
Por Redacción |
-
Ponteatro bota a andar este xoves no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Programadas 11 novas funcións escénicas en Pontevedra dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
Por Redacción |
-
'As pitas baixo a choiva', próxima obra no ciclo Domingos do Principal
Por Redacción |
-
A transexualidade, as pinturas de Maruxa Mallo e a interculturalidade, nos novos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Concerto do pianista arxentino Juan Carlos Cambas este sábado no Principal
Por Redacción |
-
O Pazo da Cultura acolle a exposición colectiva dos traballos fin de grao en Belas Artes 2022
Por Redacción |
-
Nacho Vegas actuará no Pazo da Cultura o venres 27 de xaneiro
Por Redacción |
-
A primeira reforma do Teatro Principal supoñerá un aforro do 70% en gasto enerxético
Por Redacción |
-
Amal en Ruta abre co mellor cinema euroárabe actual a tempada do Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita |