O próximo outubro traerá o terceiro elepé da traxectoria artística de Luís Cepeda que arrincou para o gran público en 2017 coa súa participación en Operación Triunfo.
'Sempiterno' está precedido dun circuíto que este sábado 3 de setembro recalá na Praza dos Barcos de Sanxenxo, dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. Un concerto que servirá para presentar en directo 'Pastillas rosas', o tema que estreará este mesmo venres.
O músico ourensán fala no podcast 'Cara a cara' do lanzamento dese tema, composto cando a listaxe de temas a incluír xa estaba pechado: "o disco non me parecía aínda demasiado terminado, á xente da discográfica encantáballe, pero eu tiña a sensación que lle faltaba algo..." e ese algo saíu e formará parte dos trece tracks que inclúe este disco que se poñerá no mercado a metade de outubro.
Un traballo que ten dúas cancións especiais: 'Tus aviones' e 'Nené' dedicadas ao seu pai e a súa nai. "Cando fas unha canción de amor ou desamor son persoas que pasan pola túa vida, ou están ou van pasar; pero cando escribes unha canción a un pai ou unha nai, sabes que ese amor nunca se acaba, que nunca falla".
Ten un público entregado. A admiración é recíproca. Os 'cepedistas' están atentos a cada novidade musical ou interacción por redes co seu artista, afirma.
Cepeda afirma en PontevedraViva Radio que é un "público marabilloso" que "se saben todas as cancións que vou sacando. Hai cancións que saco o día antes e xa lla saben o día despois", é por iso que nestes meses de escenarios "as sensacións son moi boas evidentemente".
Unha vez que 'Sempiterno' salga, continuará "coa xira en si" e aínda que as datas aínda teñen que seguir pechándose, preguntámoslle por actuacións para os seus seguidores latinoamericanos e responde: "hai dous concertos que lles debo á xente de Arxentina. Se non se pechasen por calquera motivo, collo a Diego e a miña guitarra e ímonos a facer un acústico a unha praza de Bos Aires".