Un incombustible Víctor Manuel amplía un día máis as Festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz
Tras oito días cheos de música, as Festas da Peregrina tiveron este luns unha 'bóla extra'. Antes de desmontar o escenario da Praza de España, un último artista subíu a el. Foi un dos grandes da música española, Víctor Manuel.
O incombustible cantautor asturiano chegou a Pontevedra, dentro da programación do Xacobeo 21-22, no marco de xira que iniciou por todo o país para celebrar os seus 75 anos.
Fíxoo cun espectáculo que denominou La Vida En Canciones - El escenario todo lo cura, no que repasou os grandes temas da súa prolífica e exitosa carreira artística.
Así, entre outros, soaron temas como Solo pienso en ti, La planta 14, Bailarina ou Quiero abrazarte tanto, que corearon con el os miles de pontevedreses que acudiron a escoitalo.
As Festas da Peregrina despídense, agora si, ata o ano que vén tras ofrecer en Pontevedra, entre outros, os concertos de Camela, Coque Malla, Zahara, Ilegales, Los Planetas, Juancho Marqués, Fernando Costa ou Treixadura.
Relacionadas:
-
Críticas á Xunta por repartir "a dedo" os concertos do Xacobeo
Por Redacción |
-
"Habrá más sorpresas" para Pontevedra cos concertos do Xacobeo
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza a retirada das atraccións na contorna da Alameda
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O goberno municipal de Pontevedra, "francamente satisfeito" por unhas Festas da Peregrina "de primeira"
Por Alejandro Espiño |
-
Camela saca a bailar a Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"Cuarenta años después Ilegales estamos aquí"
Por Cristina Saiz |
-
As Festas da Peregrina beben Treixadura
Por Redacción |