A Unión Musical de Tenorio edita un disco conmemorativo polos 35 anos da banda
Por Redacción
Cun concerto na Chan, con motivo das festas na honra de San Roque e San Antón, a Unión Musical de Tenorio presentou en directo o disco gravado con motivo do 35 aniversario da fundación desta emblemática agrupación.
O disco recolle dez temas variados pertencentes a unha completa selección das mellores obras que a Banda Unión Musical de Tenorio interpretou nos seus concertos nestes 35 anos.
Así, a gravación recolle temas tan coñecidos como El Tío Caniyitas, de Ricardo Dorado; A Little Tango, de Adam Gorb; Fate of the gods, de Steve Reineke; Alborada Galega, de Pascual Veiga; Campo de Noia, de Manuel Molinos; El último romántico, de Reveriano Soutullo; The Wooden Devils, de Harm Evers; Que rico el mambo, de Pérez Prado; Mozos do Penedo, de Manuel Novoa e Tenorio, de Israel Alonso.
Na súa presentación, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manifestou sentirse "moi orgulloso" do traballo da banda e da súa escola e estar convencido de que estes 35 anos serán os primeiros dos "grandes e numerosos éxitos" que lle esperan a esta agrupación.
O actual director desta banda, creada en 1985, é Gerardo Israel Quintas Alonso, mestre de saxofón e compositor, que, segundo destaca o rexedor, está facendo un extraordinario labor de cara ao futuro da banda.
Relacionadas:
-
A renovación integral da Escola de Música de Cerdedo pronto será unha realidade
Por Redacción |
-
Festas en Corredoira na honra da Virxe das Dores
Por Redacción |
-
RADIO.- Este próximo sábado o ovo pinga no pan en Tenorio
Por Redacción |
-
Nove agrupacións exaltarán diferentes músicas en Tenorio
Por Redacción |
-
A Banda de Música de Tenorio estrea local
Por Redacción |