A Casa Museo de Colón ofrece obradoiros sobre historia e cultura
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Poio informa da apertura do prazo de inscrición para as prazas que se poñen a disposición da cidadanía para participar nos obradoiros da Casa Museo Cristóbal Colón. Trátase dunha actividade gratuíta, cunha duración aproximada de 60 minutos. Os obradoiros serán realizados os días 25 (ás 12.30 horas) e o venres 26 (ás 16.30 horas).
Cada xornada terá un total de 8-10 prazas, as inscricións poden realizarse enviando un correo electrónico a museocolon@concellopoio.gal, indicando o nome e apelidos, a data seleccionada, a idade das persoas interesadas e un teléfono de contacto.
Tamén se pode contactar mediante este medio para obter máis información ou chamando ao 986833204 (marcando 2). A actividade está pensada para familias e cativos dunha idade comprendida entre os 6 e os 10 anos.
Os obradoiros, realizados no seo da Casa Museo, forman parte das actividades impulsadas desde as áreas de Turismo e Pesca e Marisqueo para dinamizar e dar a coñecer as instalacións do museo, o espazo natural, e a teoría da orixe galega de Colón. Realizaranse diversos obradoiros que versarán sobre historia e cultura.
Esta actividade finánciase a través do GALP Ría de Pontevedra, a Consellería do Mar e o Fondo Marítimo Europeo e da Pesca.
Relacionadas:
-
Rafael Quintía e Lino Pazos impartirán charlas sobre mitos e lendas de Poio en Ferreirós
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón acolle un obradoiro infantil sobre navegación
Por Redacción |
-
As visitas teatralizadas á Casa Museo de Colón xa están en marcha
Por Redacción |
-
Dous paseos polo Bosque de Colón abren as visitas teatralizadas en Poio
Por Redacción |
-
Abertas as inscricións para as visitas teatralizadas á Casa Museo e ao Bosque de Colón
Por Redacción |
-
"Nova etapa" para a Casa Museo de Colón que activa un plan de dinamización
Por Redacción |