Programada unha nova visita guiada este mércores 3 ao xacemento de Adro Vello no Grove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Xunta de Galicia programou unha nova visita guiada para este mércores 3 de agosto ao xacemento de Adro Vello no municipio do Grove.
Esta visita realizarase en tres horarios: 10.30; 12.00 e 17.30 horas. Para inscribirse é necesario enviar un correo a reservas@xeitura.com.
As prazas atópanse limitadas a grupos de 15 persoas. Cada unha das sesións, segundo informan desde a Consellería de Cultura, é de 50 minutos de duración.
Recoméndase o uso de roupa cómoda, calzado pechado e unha gorra ante a previsión de temperaturas elevadas durante a xornada do mércores. Esta visita ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer a conservación que se acomete neste espazo arqueolóxico.