Semana de Cine en Vilagarcía
Por Redacción
Cine Clube Ádega inicia este luns 1 de agosto a súa clásica Semana de Cine con proxeccións de filmes tanto de orixe galega como películas premiadas internacionalmente.
O ciclo iníciase no Salón García ás 21.30 horas coa proxección da película documental 'Alcarrás', gañadora do Oso de Ouro na última edición da Berlinale. Trátase dun proxecto escrito e dirixido por Carla Simón, directora de 'Verano del 93'.
Durante o martes 2 ofrecerase outra obra documental, neste caso unha produción galega: 'Nación', de Margarita Ledo, que asistirá á proxección e ofrecerá a súa visión sobre o traballo unha hora antes da emisión da película.
Na xornada do mércores chegará a película clásica 'Garras humnas' (The Unknown), un filme mudo norteamericano con música en directo a cargo da agrupación Fuzzo. A cita será na Rúa Vista Alegre e en García Caamaño, cun foro previo á película, que se inicia ás 20.30 horas.
'A peor persoa do mundo', obra norueguesa de Joachim Triers proxectarase durante o xoves 4. Tamén será no Salón García a partir das 21.30 horas. Xa o venres, a sesión centrarase na emisión dunha selección de curtas e mediometraxes de animación e documentais producidos en Portugal, con coloquio previo.
O ciclo conclúe o sábado 6 cunha xornada festiva na praia Compostela, a partir das 22.30 horas, con 'The Blue Brothers', unha pelicula mítica e divertida da década dos 80.
As entradas pódense reservar a través da páxina web do Cine Clube Ádega.