500 receitas de Elena Argüello para que "no se pierda lo que cocinaban nuestras abuelas"
Por Natalia Puga
Elena Argüello leva toda a vida entre fogóns. Desde os seus inicios na cociña do hotel Rúas pasou varias decádas vinculada ao grupo de hostelería Mafari e impartiendo charlas de nutrición por todo Pontevedra. Agora cría que chegara a hora de plastar toda esa experiencia e reunir as receitas que recompilou ao longo da súa vida profesional. Fíxoo no libro La cocina de Elena Argüello, que se presentará o vindeiro venres 29 de novembro ás 20.00 horas en San Roque.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, declárase "fan" da cociña de Elena e asegura que "máis dunha vez ao ano como algo cociñado con ela". Este mércores foi dos primeiros en ter acceso ao contido do novo libro e concluíu que "é eminentemente práctico e será de interese para moita xente".
La cocina de Elena Argüello inclúe máis de 500 receitas variadas, "desde modernas a tradicionales y de cocina de la abuela" e a súa autora sinala que o escribiu "con la ilusión de que no se pierda lo que cocinaban nuestras abuelas". Está convencida de que se trata de "platos que tendrían que estar ahí muchos años".
Ha ir elaborando estas 500 receitas "poco a poco", nun "embarazo que en vez de durar nueve meses duró nueve años" e inclúe apartados que considera de especial interese como "consejos de cómo cocer el marisco" ou "cocina de caza". Sobre este último apartado asegura que o vía necesario porque "todos los días me llaman a casa y me preguntan cómo se cocina la liebre o el jabalí y hay pocos sitios dónde se recoja".