Derradeiras confirmacións do Armadiña Rock
Por Redacción
O Festival Armadiña Rock ven de anunciar nas súas redes sociais as últimas incorporacións ao cartel deste ano: Tremenda Jauría, A banda do patio, Pandeireta Armadiña e un obradoiro con O Galpón Lab.
Tremenda Jauría subirá ao escenario principal, que se instalará na Praza da Chousa, para presentar a súa última proposta musical, titulada "Todxs Igual". O anuncio deste grupo de electrocumbia, que chegará desde Madrid, foi moi celebrado nas redes polas seareiras do festival.
As rúas de Combarro acollerán, por outra banda, a charanga de A banda do patio, quen xa pasou polo festival en varias ocasións e quen se encargará de estender a música por todos os recunchos da vila mariñeira. Outro dos anuncios foi o do grupo local Pandeireta Armadiña, cuxa primeira actuación pública foi no marco do mesmo evento xunto a Heredeiros da Crus.
Por último, a organización do festival deu a coñecer que haberá, como é habitual na súa programación, un obradoiro infantil, nesta ocasión dirixido pola asociación de artistas pontevedresas O Galpón Lab.
O Festival Armadiña Rock é un proxecto da ACDeM Armadiña que este ano conta co patrocinio do Concello de Poio, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, así como con diversas colaboracións. Toda a actividade, que será de balde e que incluirá acampada na zona de A Reiboa, pode seguirse a través das súas redes sociais.
Relacionadas:
-
Brincos eléctricos na apertura do Armadiña Rock
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Dous 'puntos lila' ofrecerán seguridade contra condutas machistas durante o Festival Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Festival Armadiña Rock pecha o seu cartel e abre o prazo de reservas para acampar
Por Redacción |
-
Os "Xogos de verán" chegan este luns a Lourido
Por Redacción |
-
Reincidentes e Sofía Gabanna, novas confirmacións do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Haberá 'Puntos Lila' previr contra a violencia machista durante as festas de San Xoán e o Festival Armadiña Rock
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Desakato, gran aposta dun Armadiña Rock ao que se suman catro bandas máis
Por Alejandro Espiño |