"El Rastrillo se quiere comprometer" de Santi Veiga, vencedor do I Festival de Curtametraxes do Grove
Por Redacción
Unha parábola en clave de comedia sobre o compromiso social e o amor. ÿ o argumento de El Rastrillo se quiere comprometer, unha curtametraxe dirixido por Santi Veiga. O director, natural do Grove, foi o vencedor do primeiro Festival de curtametraxes da localidade, que se celebrou este sábado. A súa produción foi a máis votada polo público de entre as nove curtametraxes que se presentaron a concurso.
A curtametraxe gañadora, rodada en Madrid e cunha duración de 14 minutos, está protagonizado polo actor Chani Martín que dá vida a El Rastrillo, un personaxe insólito e inesquecible, que necesita atopar o seu compromiso. Logrou unha puntuación media de 3,18 puntos, tres décimas máis que o segundo clasificado, Desayuno con diadema, de ÿscar Berna e protagonizado por Carlos Blanco e Rosario Pardo.
El Rastrillo se quiere comprometer acumula máis de 70 proxeccións e 18 premios en festivais de cine de España, Estados Unidos, Alemaña, India, Colombia, Venezuela, Uruguai, Italia, Irlanda, Eslovaquia, Macedonia ou Croacia. O seu director, Santi Veiga, ten 37 anos e atesoura xa unha longa carreira como guionista, realizador e director de spots publicitarios, videoclips, curtametraxes e programas de televisión.
O Festival de curtametraxes do Grove, organizado polo Concello do Grove en colaboración co circuíto Red de cortometrajes, tivo un marcado carácter local, xa que ademais da vitoria de Santi Veiga, outra das producións, proxectadas fóra de concurso, ¿De qué se ríen las hienas?, foi dirixida polo seu irmán, o actor e director Javier Veiga.
Ao remate do festival, desde o Concello do Grove o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín, celebrou a notable afluencia de público, o que sinalou, anima ao goberno municipal a seguir apoiando este evento cultural de cara a futuras edicións.