Máis sesións musicais, máis deportes e moito de Pepe Solla para un novo verán no Náutico de San Vicente
Por Redacción
O verán chegou ao Náutico de San Vicente un ano máis. Será o número 30 da súa historia e, tal e como xa anunciara, repetirá o patrón dos últimos anos, cunha programación na que non dará a coñecer previamente o nome dos artistas que actuarán durante os meses de xullo e agosto.
Este ano, ademais, chega con novidades e esta fin de semana, coincidindo co inicio da tempada estival, O Náutico amplía a súa oferta de actividades deportivas, con alugueiro de kaiaks, táboas de pádel surf e bicicletas eléctricas.
A vertente musical tamén trae novidades e este ano incorpora unha terceira actuación a medianoite os venres e dos sábados que se suman ás que se xa viñan celebrando ás 13.00 e ás 20.00 horas.
Este verán tamén incorpora sesións de Dj’s pola tarde e pola noite que este sábado estrea Abraham Boba, vocalista de León Benavente.
Tamén na vertente gastronómica hai novas noticias este verán. Tras abrir o ano pasado unha colaboración en restaurante La Radio, de Pepe Solla, este ano repiten e esta fin de semana haberá un espazo gastronómico na terraza do Náutico.
A oferta que o cociñeiro pontevedrés propón para este verán é totalmente diferente á que ofreceu en 2021 e centrarase nunha carta de hamburguesas gourmet.
As entradas para os concertos xa están á venda en náutico.entradas.plus ao prezo de 13 euros (máis gastos de xestión). Ademais dos concertos que figuran na programación anónima, O Náutico incluirá este verán outros gratuítos dos que non se anunciará o seu protagonista nin sequera a súa hora de celebración.
Relacionadas:
-
"Hoy empieza todo" de Radio 3, con Xoel López e Baiuca desde El Náutico
Por Alejandro Espiño |
-
O Náutico de San Vicente celebra 30 anos de música cunha programación oculta durante xullo e agosto
Por Redacción |
-
O Náutico de San Vicente acolle un campus de flamenco e jazz dirixido por Jorge Pardo
Por Redacción |