Gustavo Almeida prepara en Miami unha colaboración co músico cubano Jon Secada

Por Redacción
O cantante brasileiro afincado en Pontevedra, Gustavo Almeida, estivo recentemente en Miami onde compartiu o seu tempo co cantante cubano Jon Secada, co que prepara unha colaboración especial.
Foi un encontro moi emotivo no que ambos os artistas realizaron unha videollamada á nai do músico brasileiro, a cantante Ellen de Lima, para interpretar xuntos a canción "Ángel", un éxito mundial de Secada nos anos noventa e que foi tamén o primeiro tema que Almeida e a súa nai interpretaron sobre un escenario na mesma década.
Admirador declarado do traballo de Secada, Almeida continúa na cidade estadunidense ultimando os detalles dun proxecto que o unirán a Secada e que pronto verá a luz.
Doutra banda, Gustavo Almeida regresará a Galicia nos próximos días para actuar o 14 de xullo en Baiona.