40 obras inéditas do pintor Antón Pulido, ata o 12 de xaneiro no Sexto Edificio do Museo
Antón Pulido é, sen dúbida, un dos pintores más importantes de Galicia. E agora, os pontevedreses temos a oportunidade de contemplar as súas obras máis recentes. ÿ grazas a una exposición que se inaugurou este xoves no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Chega á capital da provincia tralas súas exhibicións en sitios tan afastados como Pekín, Taiwan ou Corea. Poderase visitar ata o próximo 12 de xaneiro.
Na inauguración estiveron presentes, entre outras autoridades, o presidente da Deputación, Rafael Louzán; a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, ou o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez. Este último destacou que Antón Pulido é "un artista consagrado que non se contenta con asentarse no que domina, posto que ao longo da súa obra pódese comprobar a súa ansia de superación".
Pola súa banda, Rafael Louzán sinalou que é unha "satisfacción" recibir a Antón Pulido no Museo de Pontevedra porque "é un exemplo de como facer Galicia dende a obra artística e tamén dende o compromiso personal e cívico". Pulido leva, sitúa e proxecta Galicia e o sentir galego, dixo o presidente da Deputación, "a espazos onde está o futuro, aos países orientais máis desenvueltos e tamén axudou a construir a nosa comunidade dende as institucións, codo con codo coa sociedade civil e co mundo da cultura".
Kermesse é a palabra que define esta mostra conformada a base de 40 obras inéditas e de gran formato, creadas cunha linguaxe abstracta completamente actual e contemporánea, e coa cor como protagonista, produto dunha evolución de toda unha vida dedicada á pintura. As kermeses son a representación do bulicio, unha referencia á celebración, unha homenaxe á alegría de vivir que se traduce en composicións rítmicas e coloristas.
UN ARTISTA UNICO
Forza, prestixio, e sobre todo, xenuinidade, son características básicas para definir a Antón Pulido, un artista ourensán afincado en Vigo, que deixa patente o seu espírito único ao seu paso. Cunha traxectoria ampla ao lado de gravadores cataláns, cos que aprendeu o auténtico oficio da artesanía, o artista evoluciona facendo vibrar a todos os que se atreven a contemplar as súas creacións.
Espazos, formas e cores que deixan entrever ao espectador, un misticismo que difunde con obras nas que coida ata o máis mínimo detalle nun conxunto amplo no que nada pasa desapercibido e nas que elementos como a luz se converten en peza esencial de toda a súa obra artística.