"Hoy empieza todo" de Radio 3, con Xoel López e Baiuca desde El Náutico
Por Alejandro Espiño
Un dos programas máis populares de Radio 3, Hoy empieza todo, emitirase o vindeiro venres 3 de xuño en directo desde O Grove. El Náutico de San Vicente será o lugar ao que acuda o seu condutor, Ángel Carmona, acompañado de grandes invitados.
Entre eles estarán Baiuca e Xoel López, os artistas que participaron este ano no programa de residencia artística de Estudos Mans e a Fundación Paideia, do que se mostrarán os resultados no marco desta emisión radiofónica.
O programa pode ser seguido en directo desde El Náutico a partir das 07:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.
O anfitrión, Miguel de la Cierva, ofrecerá un café "e algo máis" a todos os que acudan, á vez que lembra que "o amencer desde El Náutico é marabilloso".
GALLEGAS Y GALLEGOS, venga este viernes al @nauticoSV a La Residencia de @radio3_rne y @EstudiosMans a disfrutar con @xoellopez y @baiucamusic
— Hoy Empieza Todo (@HETradio3) May 30, 2022
ENTRADA LIBRE HASTA COMPLETAR AFORO pic.twitter.com/tQhI67IjHL
A emisión en directo de Hoy empieza todo supoñerá a primeira cota dunha intensa fin de semana no local de San Vicente.
O propio venres 3, a partir das 23.30 horas, haberá un concerto de Los Vagos.
O grupo de Lalín está a presentar en directo o seu quinto disco, titulado Los Vagos que afilaban guitarras en las tabernas y rezaban al dios del vino en las tormentas.
O sábado 4, ás 13:00 horas, El Náutico acollerá a final do concurso de música tradicional Interritmos. Son do rural, na que participarán seis grupos: Abril, Tumba e Dalle, Mediarea, Momboi, Os Liantes e Maghúa.
Tamén o sábado, desde as 23.30 horas, haberá un concerto de Harvesters, banda da que forma parte Ángel Carmona, e que rende tributo ao mítico disco de Neil Young.
A programación de concertos desta fin de semana en El Náutico péchase coa presenza o domingo, á unha da tarde, de Diego Vasallo, o 50% de Duncan Dhu. O músico donostiarra presentará en directo o seu novo disco, Caemos como cae un ángel.
Relacionadas:
-
Máis sesións musicais, máis deportes e moito de Pepe Solla para un novo verán no Náutico de San Vicente
Por Redacción |
-
O Náutico de San Vicente celebra 30 anos de música cunha programación oculta durante xullo e agosto
Por Redacción |
-
O Náutico de San Vicente acolle un campus de flamenco e jazz dirixido por Jorge Pardo
Por Redacción |
-
Reencontro en El Náutico de San Vicente: Leiva e Rubén Pozo 'reviven' a Pereza por un día
Por Redacción |