La La Love You apraza a agosto o seu concerto en Vilagarcía "por problemas de saúde"
Por Redacción
Os veciños de Vilagarcía quedarán sen ver ao grupo La La Love You esta fin de semana. O grupo de Parla ía actuar na vila este sábado á noite pero por "problemas de saúde da cantante e baixista do grupo" víronse obrigados a suspendelo.
"É a primeira vez que nos atopamos nesta situación e nos apena moito ter que dar esta noticia. Fixemos todo o posible por seguir adiante cos concertos pero non foi posible", explicou o grupo a través dun comunicado a ultima hora do xoves.
Unha vez coñecida esta noticia, a Concellería de Cultura dirixida por Sonia Outón "traballou contra reloxo para intentar manter a oferta da programación das festas de Santa Rita na velada da véspera do día grande, pero foi imposible contratar outra actuación con 24 horas de marxe".
A pesar deste inconveniente, os vilagarcíans poderán escoitar a La La Love You este ano, xa que actuarán o 11 de agosto no Parque da Xunqueira coincidindo coas festas de San Roque. O concerto será gratuíto.
Mentres tanto e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, as festas de Santa Rita seguirán máis novidades.
Relacionadas:
-
Barón Rojo completa o cartel de concertos das festas de San Roque de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Mon Laferte e Hens, primeiras confirmacións nas Festas de San Roque de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
As Festas de Santa Rita regresan a Vilagarcía libres de restricións con atraccións, pulpeiras e concerto de La La Love You
Por Oskar Viéitez |
-
Xoel López, Depedro, Alice Wonder e WOS, entre as novas confirmacións para PortAmérica 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Lori Meyers, Coque Malla, Delaporte ou Andrés Suárez nun PortAmérica 2022 que se adianta a xuño
Por Alejandro Espiño |