O debuxante Peter Bagge inaugura no Pazo a exposición "Todo o mundo é imbécil menos eu"
Por Redacción & Mónica Patxot
Abriu as súas portas no Pazo da Cultura a exposición "Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic Underground".
Trátase dunha mostra da obra deste debuxante estadounidense que permanecerá aberta ao público ata o 17 de xullo, en horario de martes a venres de 18 a 21 horas, os sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e os domingos de 12 a 14 horas.
A inauguración da exposición estivo precedida dunha conferencia deste referente do cómic alternativo, a única que pronunciará en Galicia no marco da xira que realiza coa editorial La Cúpula.