Eva Alonso, produtora de artes escénicas e audiovisuais, nova directora do Culturgal
Por Redacción
A produtora compostelá Eva Alonso foi seleccionada para dirixir a próxima edición do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Representantes da Asociación Galega de editoras, AGEM, Agapi, Escena Galega e Eganet considera que o seu proxecto é o máis adecuado para afrontar a nova etapa de renovación do modelo feiral do Culturgal. Eva Alonso, que conta cun mestrado en Produción e Xestión Audiovisual, ademais de ser licenciada en Químicas, exerceu como responsable de produción dos Premios Mestre Mateo.
Ao longo da súa traxectoria profesional destaca pola produción de documentais como O que hai que facer por non ir ao mar (2013); Contra os elementos (2016); e 30 anos actuando: que nos quiten o bailado! (2017), neste último caso tamén dirixido por ela. Ademais é produtora teatral, especialmente vinculada á compañía Teatro do Noroeste desde fai case vinte anos. Entre outros eventos, encargouse de dirixir a produción do I Congreso Internacional do Teatro Galego, en Compostela durante o ano 2020. Tamén é socia da empresa cultural Chiripa.
Con esta decisión, a 15ª edición da feira cultural deste 2022 ponse en marcha para establecer ao longo deste verán as bases da cita anual coa cultura galega, que se desenvolverá nas instalacións do Recinto Feiral do Pazo da Cultura entre o 25 e o 27 de novembro.
Relacionadas:
-
Culturgal celebrará do 24 ao 27 de novembro os seus 15 anos cos fíos da cultura
Por Anxo Lourido |
-
Aberto o prazo para reservar casetas para a Culturgal 2022
Por Redacción |
-
Un pequeno adianto do 2022 cultural centra o arranque da feira Culturgal
Por Alejandro Espiño |
-
Culturgal abre as súas portas como "punto de confluencia" dunha cultura galega en pleno "rexurdir"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |