Unha mostra recolle elementos da vida e obra de Florencio Delgado na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro
Por Redacción
Ata finais deste mes de maio, a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa acolle a mostra sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, poeta e editor cultural galeguista homenaxeado neste Día das Letras Galegas de 2022.
Nesta exposición ofrécese unha mostra bibliográfica sobre o autor de Valdeorras (Ourense) con paneis nos que se fai unha análise da vida e da traxectoria creativa deste escritor, que tivo que exiliarse a México e que colaborou con intelectuais como Alfonso Rodríguez Castelao.
Ao longo da exposición pódense ver exemplares de obras do autor pertencentes á Biblioteca de Vilagarcía e tamén material remitido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística con dez paneis nos que se poden observar fotos de distintos momentos da vida do integrante do Partido Galeguista, portadas de publicacións nas que participou, debuxos e datos informativos.
A exposición permanece aberta de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, mentres que os sábados pódese visitar entre as 09.00 e as 14.00 horas.
Relacionadas:
-
Chega á Biblioteca de Pontevedra a mostra 'Compromiso na distancia', adicada a Florencio Delgado Gurriarán
Por Redacción |
-
Unha conferencia de Margarita Ledo para celebrar as Letras Galegas en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Florencio Delgado Gurriarán, un activista cultural e editor literario defensor do galeguismo
Por Redacción |
-
RADIO.- O CEIP Carballal de Marín homenaxea un ano máis ás Letras Galegas cun videoclip
Por Marisa Ciordia |
-
Florencio Delgado Gurriarán, exemplo da loita polo país e a lingua galega
Por Redacción |
-
A Deputación leva a todas as comarcas un espectáculo sobre Florencio Delgado
Por Redacción |