"Mírame" de Queco Lago, nominado ao mellor videoclip no Festival de Cans
Por Redacción
O músico pontevedrés Queco Lago está de parabén. O videoclip da súa canción "Mírame", que foi o primeiro single do seu primeiro EP profesional, é un dos finalistas ao premio ao mellor videoclip na XIX edición do Festival de Cans.
Dirixido por Carlos Calvar e protagonizado por Sara Docampo e Rebeca Filgueira, o videoclip adentra ao espectador nun imaxinario de recordos e emocións, facendo un repaso idealizado pola memoria dunha historia de amor.
Ao longo do case cinco minutos que dura, a historia describe situacións idílicas a través de escenas gravadas, entre outras localizacións, na praia de Lapamán ou o Pazo de Lourizán.
O xurado do Festival de Cans desvelará o nome do gañador nunha gala que se celebrará o vindeiro venres 20 de maio, no marco dun evento que volverá converter a esta pequena aldea do Porriño na capital do audiovisual galego.
Relacionadas:
-
Queco Lago: "Estaba cansado de facer as cousas a medias. A música é o que me gusta e o que quería facer"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O novo traballo musical de Queco Lago preséntase en directo na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
Queco Lago edita "Clímax", o segundo single do seu primeiro EP profesional
Por Alejandro Espiño |