Rebeliom do Inframundo, MJ Pérez e La Quinkillada, as tres primeiras confirmacións do Armadiña Rock 2022
Por Redacción
A organización do festival Armadiña Rock 2022 deu a coñecer o nome das tres primeiras bandas que actuarán en Combarro os días 26, 27 e 28 de agosto.
Trátase de Rebeliom do Inframundo, MJ Pérez e La Quinkillada, segundo confirmou a ACDeM Armadiña, responsables do festival.
Co rap insumiso como bandeira, Rebeliom do Inframundo chegará ao Armadiña Rock para
mostrar un dos directos máis enérxicos do panorama musical galego, mostrando o mellor dos seus tres álbums autoeditados tras unha incansable traxectoria.
MJ Pérez, coa súa banda ao completo, será outro dos grupos que revolucionará a Praza da Chousa de Combarro este ano. Bebe de diferentes estilos, cun predominio do pop-rock nos seus primeiros traballos e un xiro cara sons máis latinos e de raíz no seu último disco.
Por último, La Quinkillada animará o Armadiña Rock co seu ritmo festivaleiro. Este grupo de Bueu defínese como a sinerxía entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova. Prometen facer que baile todo aquel que se deixe levar.
Esta décimo cuarta edición do Festival Armadiña Rock volverá contar coa acampada nas inmediacións da Reiboa, que será, como todo o festival, totalmente de balde.
O resto da programación do festival irase desvelando durante as próximas semanas.
Relacionadas:
-
O Festival Armadiña Rock pecha o seu cartel e abre o prazo de reservas para acampar
Por Redacción |
-
Reincidentes e Sofía Gabanna, novas confirmacións do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Desakato, gran aposta dun Armadiña Rock ao que se suman catro bandas máis
Por Alejandro Espiño |
-
As grandes orquestras amenizarán este verán as principais festas de Poio
Por Redacción |