Os Rías Baixas Film Fest avanzan cara a internacionalización neste 2022
Por Redacción
A partir deste mes de maio entrante e ata decembro desenvolveranse oito citas cinematográficas e audiovisuais na provincia dentro do proxecto Rías Baixas Film Fest. Carmela Silva, presidenta da Deputación, acompañada polas persoas responsables da organización destes eventos, presentaba o calendario na sede do organismo provincial en Vigo.
A presidenta provincial insistiu en que a través desta marca audiovisual creada seguirán avanzando para converter á provincia nunha gran referencia e anunciaba que ao longo deste 2022 vai poñerse a mirada na internacionalización dos festivais. Destacou que Rías Baixas Film Fest é unha estrutura "potente" e con máis capacidade "reivindicativa" a través dos festivais que se desenvolven en Tui, O Porriño, Vigo, Bueu, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.
As datas establecidas para as edicións dos oito festivais son as seguintes:
- 4-8 maio: XVIII edición do Play-Doc de Tui
- 18-21 maio. XIX Festival de Cans do Porriño
- 6-11 setembro. XI Primavera do Cinema de Vigo
- 11-24 setembro. XV FICBueu
- 23, 24, 28 setembro e 1 de outubro. 5#Galician Freaky Film Fest de Vigo
- 18-22 outubro. VII Festival de Cinema Inclusivo de Vigo
- 21-30 outubro. 50º Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía
- 13-18 decembro. VII Novos Cinemas de Pontevedra
Carmela Silva lembrou que estes festivais "espectaculares" enchen de vida os municipios e conseguen que a poboación poida ter miradas diferentes. Agradeceu que os Rías Baixas Film Fest aposten por filmes independentes que obrigan a pensar e tomar posición como sociedade fronte ao pensamento único.
Manuel Pena, director do FICBueu, destacou tamén esa diversidade dos oito certames e destacou o traballo das asociacións encargadas da organización. Explicou que estes festivais teñen un labor fundamental desde a formación do público ata a promoción da industria e a confluencia con outras disciplinas artísticas.
O acto finalizou coa compañía teatral Troula cunha proposta de rodaxe da entrega dun Óscar, facendo partícipe ao público.
Relacionadas:
-
"Compromiso, calidade, autenticidade e moi bo facer", así define Carmela Silva a nova edición do Rias Baixas Film Fest
Por Álvaro Arosa Barco |
-
"Los saldos" de Raúl Capdevila estreará o sétimo Novos Cinemas, que dedicará o seu foco á lisboeta Susana Nobre
Por Alejandro Espiño |
-
Oes Marty, que fai o Delorean aparcado en Vilagarcía?
Por Redacción |
-
RADIO.- Javier Pérez Gomara 'Waterproof', o pontevedrés que soará nos cortos do Festival de Cans
Por Marisa Ciordia |
-
Os centros educativos poderán enviar as súas curtametraxes ao FICBUEU a partir do luns
Por Redacción |
-
Nova edición dos Rías Baixas Film Fest con oito citas entre setembro e decembro
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación destinará 300.000 euros ao Rías Baixas Film Fest e aos festivais de música e artes escénicas
Por Redacción |