Joe Crepúsculo fará bailar ao público pontevedrés o próximo 7 de maio
Por Alejandro Espiño
A 'máquina de baile' que Joe Crepúsculo activa en todos os seus concertos chega a Pontevedra. A Sala Karma acollerá o sábado 7 de maio un concerto do artista barcelonés.
Esta actuación, que comezará ás 22:00 horas, forma parte do ciclo San Miguel On Air.
Joe Crepúsculo, que se define como un poeta lírico da música, fixo arte dun estilo que fusiona os sons americanos coa electrónica de baile europea.
Utilizando o pop e a electrónica como base para o seu proxecto musical, o artista acaba fusionando a súa música con calquera xénero que se lle cruce por diante, ofrecendo ao público unha amálgama exquisita para o oído, o corpo e a celebración colectiva.
A Pontevedra chega para presentar o seu novo disco, Trovador Tecno, un traballo elaborado xunto a Aaron Rux, que recolle cancións como Carreteras de pasión ou Brindar.
Ademais, sobre o escenario da Sala Karma soarán grandes éxitos atemporales como Mi fabrica de baile, La canción de tu vida, Enseñarme a amar o Tus cosas buenas cun directo que promete ser un derroche de enerxía.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 15 euros, pódense adquirir a través da plataforma Wegow.
Relacionadas:
-
O enérxico directo de Arde Bogotá animará este venres a Sala Karma de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Antón Reixa: "Tocounos ser a primeira xeración de artistas galegos sen complexos"
Por Manu Otero |
-
Sienna, en Pontevedra: "O corpo pedíame experimentar e poñerme ao servizo das cancións"
Por Alejandro Espiño |
-
Zahara, un auténtico vendaval electrónico ao seu paso por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |