O novo traballo musical de Queco Lago preséntase en directo na Sala Karma
Por Alejandro Espiño
Todo está a punto na Sala Karma para a posta de longo de Queco Lago, que presentará en directo os temas do seu primeiro EP profesional, que leva o nome de Perspectiva.
Será nun concerto que se celebrará este venres 8 de abril, a partir das 21:30 horas.
Lago, que leva anos tocando en solitario, estará acompañado nesta ocasión da banda xurdida durante a pandemia, integrada por Rodrigo Valiente (baixo), Julio Esteban (batería) e José Lázaro (guitarra eléctrica).
Ao longo das últimas semanas, este músico pontevedrés foi avanzando tres dos temas que forman parte deste traballo discográfico: Clímax, Mírame e, o máis recente, Su musa.
As entradas para este concerto en Karma teñen un prezo de sete euros e pódense adquirir de maneira anticipada na plataforma Woutick.
Relacionadas:
-
Queco Lago: "Estaba cansado de facer as cousas a medias. A música é o que me gusta e o que quería facer"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Mírame" de Queco Lago, nominado ao mellor videoclip no Festival de Cans
Por Redacción |
-
Berto, High Paw, Ruxe Ruxe e Eladio y los seres queridos, protagonistas dos concertos do Galegote Rock
Por Raquel Currás Martínez & Diana Eiras |
-
Queco Lago edita "Clímax", o segundo single do seu primeiro EP profesional
Por Alejandro Espiño |