Spotify e Apple Music publican o terceiro recompilatorio de Xeración Sónica
Por Oskar Viéitez
Xa está publicado en Spotify e en Apple Music, o terceiro recompilatorio de Xeración Sónica con oito temas de Haku, Froalla, Néboa e Simsonhead, grupos formados por mocidade de Pontevedra, que participaron nesta edición.
Son temas en galego, de rock, pop, hip-hop e música electróncia, que foron compostos dentro deste proxecto respaldado polo Concello dende 2018 e dirixido a adolescentes.
Este traballo recompilatorio é "o máis ecléctico de todos" e foi publicado polo selo Arte Calavera, unha editorial creada polos responsables do proxecto para darlle saída ás propostas que ían nacendo. Ademáis, Haku e Froalla presentan cadansúa grabación mucical en formato EP con catro cancións cada un.
"Dende o Concello estamos encantados de colaborar cun proxecto como Xeración Sónica", salientou o concelleiro Alberto Oubiña. Ademáis, Gonzalo Maceira e Violeta Mosquera, músicos e coordinadores desta actividade sinalaron que "chegar ata aquí foi unha pasada" xa que están a recoller os froitos do traballo do que están "contentísimos".
"A rede comeza a medrar e o ruxe ruxe está aí, a ferver. Estamos moi contentos. Hoxe publicamos este EP e de aquí ao día 30 estaremos tentando facer unha pequena ruta para contar todo o que foi este proceso, para logo gravar as cancións que deriven da cuarta xeración sónica, ao longo do verán", dixo Maceiras.
Os grupos que forman parte desta Xeración Sónica comezan agora coa promoción do seu traballo e a última fin de semana deste mes participarán no Galegote Rock!.
O programa Xeración Sónica é unha proposta dirixida aos mozos de entre 14 e 17 anos que pon á súa disposición unha ferramenta de difusión cultural a través da música, aproveitando o Local de Música.
Nesta cuarta edición ampliouse o proxecto aos centros de ensino secundario para que formen parte desta rede de participación e tamén á universidade a través da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coa que se estableceron sinerxias.
Alberto Oubiuña destacou que "Xeración Sónica é un dos proyectos que fai cidade", xa que fomenta a creatividade entre os mozos. A idea gozou de gran acollida nas súas anteriores edicións dando saída a novas bandas canalizadas a través do Local de Música e cunha produción "semiprofesional", todo nunha "aposta polo desenvolvemento e a creatividade local, e polo crecemento cultural".
"A verdade que estar aquí un ano máis é unha pasada. Para nós é importantísimo publicaron algo coma isto, e permite facer unha avaliación xa non só do que foi o resultado, senón de toda a produción que fan estes alumnos que xa son artistas», explicou Gonzalo Maceira. "Educación, Cultura, Mocidade... son elementos que están xuntos e que concibimos xuntos. Creo que o estamos a conseguir, que Xeración Sónica dá os seus froitos e as producións que fixeron estes rapaces e rapazas é espectacular, xa van por si sós, son abraiantes".
Relacionadas:
-
RADIO.- PontevedraViva Radio leva a 'Xeración Sónica' aos seus podcast
Por Redacción |
-
A Escola Municipal de Música de Vilagarcía abre a principios de maio o proceso de matriculación
Por Redacción |
-
Carmen Lence participará nas actividades de Culturkata no Campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Berto, High Paw, Ruxe Ruxe e Eladio y los seres queridos, protagonistas dos concertos do Galegote Rock
Por Raquel Currás Martínez & Diana Eiras |
-
Abre o prazo para os 'Campamentos Urbanos de Verán' de Vilagarcía
Por Raquel Currás Martínez |
-
Estudio Bonobo crea unha versión xuvenil dos Pixies para reinterpretar "Doolittle" en directo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Xeración Sónica súmase ás festas co seu concerto de Nadal
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Xeración Sónica crece involucrando aos centros de ensino secundario
Por Diego Espiño |