O Surfing the Lérez apúntase ao San Xoán: regresa os días 23, 24 e 25 de xuño
Por Alejandro Espiño
Tras dous anos de ausencia pola pandemia, Pontevedra recupera o seu festival musical por excelencia, o Surfing the Lérez. Farao ademais coincidindo cunha das festividades de maior arraigamento en Galicia, a noite de San Xoán.
E é que, segundo confirmaron este xoves os seus organizadores, o festival celebrarase os días 23, 24 e 25 de xuño, retomando o seu escenario habitual, a Illa das Esculturas.
Iso si, os concertos propiamente ditos concentraranse o venres 24, aproveitando o seu carácter de xornada festiva, con actuacións durante todo o día en catro escenarios diferentes; e o sábado 25.
Neste segundo día de concertos é cando se organizará ademais a tradicional recollida de alimentos solidaria, a modo de entrada a un festival que ten carácter gratuíto, e coa que esperan bater records este ano ante porque, aseguran, "necesitámolo máis que nunca".
O Surfing the Lérez, na máxica noite de San Xoán -23 de xuño-, tamén ten previsto algún tipo de celebración especial, a modo de pistoletazo de saída para a súa fin de semana grande.
Por agora, non transcendeu o nome de ningún artista ou banda que vaia a actuar no festival, pero as primeiras confirmacións non tardarán en chegar.
Relacionadas:
-
Fin de festival co día máis 'Surfing' na Illa das Esculturas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Estes son os horarios do Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
Tres días -con San Xoán incluído- para un Surfing the Lérez "exclusivamente galego"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Non haberá Surfing the Lérez ata 2022
Por Alejandro Espiño |