Tres homes e un destino no Principal
Por Redacción
Tres no bambán é unha obra de Luigi Lunari, o autor que está considerado como o mellor dramaturgo vivo de Italia. A compañía coruñesa Espello Cóncavo recupera esta montaxe que presentaran fai xa doce anos. Trátase dun espectáculo que combina o humor absurdo e o thriller.
O director Arturo López e o actor Fernando Morán presentaron a montaxe sinalando que é unha obra que sorprende ao público polo seu contido misterioso e pola súa crítica social.
O cartel do espectáculo é obra de Miguel Anxo Prado.
A compañía cumprirá o próximo ano o seu 20 aniversario e para entón retomará a montaxe Anxeliños de Roberto Vidal Bolaño, con motivo da dedicatoria do Día dás Letras Galegas.
Tres no bambán será representada este sábado 3 de novembro ás 9 da noite no Teatro Principal de Pontevedra. As entradas teñen un prezo de 8 euros, agás para estudantes, desempregados e xubilados para quen o prezo da entrada é de 5 euros.